{"id":4856,"date":"2026-03-02T13:20:07","date_gmt":"2026-03-02T11:20:07","guid":{"rendered":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/?p=4856"},"modified":"2026-03-02T13:20:08","modified_gmt":"2026-03-02T11:20:08","slug":"galiza-por-la-paz-declaracion-da-plataforma-galiza-pola-paz-diante-do-ataque-contra-a-republica-islamica-de-iran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/?p=4856","title":{"rendered":"Galiza por la Paz: DECLARACI\u00d3N DA PLATAFORMA GALIZA POLA PAZ DIANTE DO ATAQUE CONTRA A REP\u00daBLICA ISL\u00c1MICA DE IR\u00c1N"},"content":{"rendered":"\n<p>A Plataforma Galiza pola Paz condena o ataque militar levado a cabo polos Estados Unidos e Israel contra a Rep\u00fablica Isl\u00e1mica de Ir\u00e1n. Unha agresi\u00f3n que non pode ser minimizada nin relativizada, e que require de n\u00f3s unha resposta clara en defensa da paz e do dereito internacional.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta ofensiva non \u00e9 un feito illado. Inscr\u00edbese nunha cadea de agresi\u00f3ns sistem\u00e1ticas que o imperialismo e o Estado de Israel ve\u00f1en exercendo contra os pobos da Asia Occidental: a destruci\u00f3n do Iraque e da L\u00edbia, a guerra na Siria, o xenocidio en curso en Gaza, os ataques ao L\u00edbano, as inxerencias no Iemen, e os anos de presi\u00f3n pol\u00edtica e econ\u00f3mica sobre Ir\u00e1n, con aberta guerra diplom\u00e1tica e medi\u00e1tica e peri\u00f3dicos ataques militares a infraestrutura militar, enerx\u00e9tica e cient\u00edfica, ou con magnicidios como o de Qasem Soleimani. O que hoxe ocorre \u00e9, na realidade, m\u00e1is un paso dunha escalada deliberada, dirixida a dobrar a vontade dun Estado e dun pobo que se negan a aceptar a tutela das potencias dominantes.<\/p>\n\n\n\n<p>Washington leva d\u00e9cadas a tratar de impedir o xurdimento de calquera potencia rexional que non estea disposta a orbitar ao seu redor. Nun contexto en que a orde unipolar est\u00e1 cada d\u00eda m\u00e1is cuestionada pola emerxencia dunha abertura multipolar \u2014 na que os BRICS e o propio Ir\u00e1n xogan un papel crecente \u2014, os Estados Unidos intensifican a presi\u00f3n sobre quen non acata as s\u00faas directrices. O obxectivo non \u00e9 a paz nin a estabilidade: \u00e9 a preservaci\u00f3n da hexemon\u00eda global a calquera custo, inclu\u00eddo o uso da forza militar cando a chantaxes econ\u00f3micas e diplom\u00e1ticas non chegan para conseguiren os seus obxectivos. Israel act\u00faa neste contexto como un vector privilexiado desa pol\u00edtica, coa cobertura diplom\u00e1tica, financeira e militar de Washington.<\/p>\n\n\n\n<p>Resulta significativo que sexa Israel, un Estado que pos\u00fae arsenal nuclear f\u00f3ra de calquera control internacional e que leva sete d\u00e9cadas de ocupaci\u00f3n ilegal en Palestina e en Siria, quen encabece a narrativa que pretende xustificar este ataque. Un Estado que desde a s\u00faa propia fundaci\u00f3n v\u00e9n ignorando de maneira sistem\u00e1tica todas as resoluci\u00f3ns da comunidade internacional e que leva dous anos e medio sometendo Gaza a un xenocidio inneg\u00e1bel ante os ollos do mundo. Que este Estado sexa presentado como garante da paz e da seguridade rexional constit\u00fae un dos paradoxos m\u00e1is flagrantes do noso tempo, e revela o cinismo con que as oligarqu\u00edas occidentais usan a palabra &#8220;paz&#8221; para lexitimar a s\u00faa dominaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Fronte a este escenario, afirmamos que a paz que n\u00f3s defendemos non \u00e9 unha paz abstracta nin neutral. \u00c9 unha paz que esixe o cesamento inmediato de toda agresi\u00f3n militar; o reco\u00f1ecemento pleno da soberan\u00eda dos pobos para determinar os seus propios cami\u00f1os, inclu\u00eddos os mecanismos que cada Estado considera necesarios para a s\u00faa defensa; e o desmantelamento das l\u00f3xicas imperialistas que converten as relaci\u00f3ns internacionais nun sistema de subordinaci\u00f3n ou caos.<\/p>\n\n\n\n<p>Ir\u00e1n, como calquera outro Estado, ten dereito \u00e1 s\u00faa integridade territorial e ao seu desenvolvemento soberano. Esixir que un pobo renuncie \u00e1 s\u00faa capacidade de autodefensa mentres \u00e9 atacado de maneira recorrente constit\u00fae un absurdo inaceit\u00e1bel, incompat\u00edbel con calquera principio real de xustiza ou igualdade entre as naci\u00f3ns do mundo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Neste escenario, da Plataforma Galiza pola Paz, chamamos o pobo galego, que v\u00e9n demostrando nos \u00faltimos meses unha conciencia e un compromiso sostidos fronte ao xenocidio palestino, a manter a s\u00faa mobilizaci\u00f3n e a ampliar esa voz solidaria. A construcci\u00f3n dunha paz verdadeira \u00e9 insepar\u00e1bel da loita contra o imperialismo e o militarismo. Frear esta din\u00e1mica de guerra \u00e9 responsabilidade de todas n\u00f3s.<\/p>\n\n\n\n<p>Galiza pola Paz!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Plataforma Galiza pola Paz condena o ataque militar levado a cabo polos Estados Unidos e Israel contra a Rep\u00fablica Isl\u00e1mica de Ir\u00e1n. Unha agresi\u00f3n que non pode ser minimizada nin relativizada, e que require de n\u00f3s unha resposta clara en defensa da paz e do dereito internacional. Esta ofensiva non \u00e9 un feito illado. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":4857,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"tdm_status":"","tdm_grid_status":"","footnotes":""},"categories":[5],"tags":[],"class_list":{"0":"post-4856","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-latest_events_across_europe"},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4856","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4856"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4856\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4858,"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4856\/revisions\/4858"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/4857"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4856"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4856"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/eurof-wftu.eu\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4856"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}